.

.

viernes, 9 de marzo de 2018

NUEVA ETAPA EN EL CASINO DE CARBALLO


«O Casino está espertando de novo»
O novo responsable, Víctor Lorenzo, fai un chamamento ao pobo de Carballo para que se implique


PAULA VÁZQUEZ 
CARBALLO / LA VOZ
 09/03/2018 05:00 H


Logo dunhas semanas incertas nas que todo parecía indicar que o Casino de Carballo tiña os días contados, parece que a institución máis antiga de Carballo reflota de novo. E faino grazas ás moitas ganas e iniciativa dun novo equipo, o de sete mozos carballeses liderados por Víctor Lorenzo (Carballo, 1974): «Queremos servir como amalgama de todos os proxectos sociais e culturais que poidan xurdir no pobo».
-¿En que momento xorde a nova directiva?
-Foi a raíz da noticia da posible desaparición do Casino, o que entroncou directamente cunha vella aspiración que entre varias persoas de Carballo viñamos planeando desde hai tempo. Tiñamos na mente outro espazo, máis na liña dos centros sociais auto xestionados, e no que puideramos facer outro tipo de actividades máis aló das do sector público. Nunca pensaramos no Casino, pero parece que tropezou con ese desexo de atopar un lugar distinto. Non tivemos tempo para pensalo moito, polo que foi todo a contra reloxo.
-¿Cantos son?
-Inicialmente xuntámonos sete persoas, das que dúas caeron porque pensaron que non podían comprometerse neste momento na medida que a eles lles gustaría. Polo que quedamos cinco, aos que xa se sumaron tres máis.
-O Casino reflota de novo. ¿Con que obxectivo parten?
-É moi complexo falar dun só obxectivo. Trátase de algo experimental, incluso para nós mesmos porque só temos experiencia como consumidores deste tipo de espazos. Unha das nosas primeiras pretensións é ser un centro neurálxico onde tecer redes con todas as asociacións carballesas, e sacar, así, iniciativas en común. Servir como amalgama de todos os proxectos sociais e culturais que poidan xurdir no pobo. Outro dos obxectivos é darlle voz a todo ese tecido artístico carballés, que se presenten e coñecelos a todos, que son moitos.
-Moitos carballeses tiñan unha imaxe allea e asociada á elite do edificio histórico, vinculada tamén ao seu pasado. ¿Como cambiarán esa visión?
-Digamos que esa concepción xa cambia coa actual directiva. As novas caras non teñen nada que ver con esa imaxe. Xa estamos traballando nas redes sociais, con algo moderno e actual. Tamén temos un novo logo e unha campaña de comunicación, que en breves lanzaremos. É un pouco cedo aínda, temos moitas cousas no forno, e queremos facelas ben desde o principio. Ter a mensaxe clara. Por outra parte, está o tema da Administración, que dá bastante traballo, e todo leva tempo. O Casino está como espertando de novo.
-¿A que público se dirixen principalmente?
-Somos xente nova, polo que estamos dirixidos a outro tipo de público diferente ao que había antes. Pero non podemos esquecer aos 166 socios que mantiveron as instalacións ata agora, e que seguen pagando as súas cotas. Por suposto, isto hai que valoralo, respectalo e telo moi en conta. É primordial abrir ventás e sacudir alfombras, pero non esquecer o que hai aí.
-Quen pase estes días por diante do inmoble pode ler nos seus cristais a frase «Soas non podemos, con amigas si». ¿A quen precisa o Casino para saír adiante?
-Precisamos a todo o pobo. A directiva non vai salvar o Casino, oito persoas soas non chegan. Nós podemos comezar o proceso, algo así como facer o saque de honra, pero ten que sumarse moita xente máis ao equipo. O que necesitamos con máis urxencia son socios e cartos, ter liquidez para afrontar os gastos correntes. Hai moitas cousas que solucionar, precisamos de man de obra. Temos pensado organizar unhas xornadas de traballo común voluntario, e toda a xente que se queira apuntar será benvida. A resposta por parte da xente está sendo boa, interésanse e veñen darse de alta coma socios, polo que estamos moi contentos e, sobre todo, esperanzados.


sábado, 24 de febrero de 2018

LA CONTINUACIÓN DEL CASINO CARBALLÉS



El Casino de Carballo garantiza su continuidad con un nuevo presidente
«A sociedade máis antiga de Bergantiños non pode desaparecer», dijo Ricardo Vilas
S. G. RIAL 

CARBALLO / LA VOZ 24/02/2018 05:00 H
A mano alzada y por unanimidad, al filo de las 22.00 horas de ayer quedó elegido el nuevo presidente del Casino de Carballo, Víctor Lorenzo. La junta gestora que ha regido la entidad hasta ahora, encabezada por Ricardo Vilas, cesó, y su sucesor nombrará directiva en las próximas semanas, aunque ya tiene un equipo de gente apalabrado, todos ellos jóvenes y con inquietudes culturales. De este modo, y al margen de todos los aspectos legales que atañen al emblemático edificio (le queda un lustro para el centenario), la continuidad de la entidad está asegurada.
Antes de votar, y de que el nuevo responsable explicase qué va a hacer, Vilas -que seguirá un tiempo como asesor, para garantizar la transición- explicó todo lo que se ha hecho en el último año, que no es poco. Solo la relación de actividades ocupó muchos minutos. Hay 186 socios, que pagan 6 euros al mes. Hubo 40 altas y 66 bajas. Algunas de ellas, de veteranos, y que sorprendieron mucho Vilas. Lorenzo quiere incrementar de manera notable las altas. Dio una pormenorizada relación de ingresos y gastos, y queda menos de un mes para llegar a los números rojos, sobre todo por la falta de pago del arrendatario del bar. Algunos empresario donaron 3.500 euros para ayudar a su pervivencia. «A sociedade máis antiga de Bergantiños non pode desaparecer, e de aquí non nos van botar», dijo Vilas, que también aludió al «caciquismo e presións de catro especuladores».
«Cando entras e o ves, daste conta da xoia que é. Está aí, pero pouca xente se fixa»



Víctor Lorenzo Fernández, de Carballo, cumpre hoxe 44 anos. Estréase no cambio de idade e no cargo de presidente do Casino de Carballo, á fronte dun novo equipo, en sustitución de Ricardo Vilas, que levaba un ano no posto, aínda que era para seis meses.
-¿Por que deu este paso?

-Somos un grupo de xente de Carballo preocupada pola arte e a cultura, con ganas desenvolver un proxecto acaído. Levabamos tempo falando entre nós coa idea de facer algo, nun centro específico, para ter algo máis que a cultura oficial.
-E decidiu presentarse.
-Non tiña pensado optar ao Casino. Pero falamos entre nós, e tamén con Ricardo Vilas, a ver que se podía facer, e adiante, sobre todo ao ler a nova de que podía desaparecer e que facía falta renovar. Eu, a primeira vez que o vin foi en Fin de Ano, e despois a semana pasada. E cando entras e o ves, daste conta da xoia que é. Está aí, pero pouca xente se fixa. E queremos abrilo máis aínda á sociedade de Carballo e de Bergantiños. Facelo participativo. As actividades que xa hai manteranse, e tamén queremos facer outras: música, literatura, exposicións, talleres...

jueves, 22 de febrero de 2018

EL CASINO DE CARBALLO EN RIESGO A DESAPARECER



. G. RIAL 
CARBALLO / LA VOZ 13/02/2018 05:00 H

El Casino de Carballo corre el riesgo serio y cierto, ahora sí, de desaparecer. Tras un año de lucha, casi un campeonato de resistencia de un muy pequeño equipo liderado por Ricardo Vilas, la falta de respuesta y sobre todo de dinero para mantenerlo hace temer por su futuro más inmediato. El de la institución más que centenaria, y también del edificio casi centenario que la acoge, que no está protegido y ocupa un cotizado solar en pleno Camiño Novo-Vázquez de Parga. Con él vacío, la sociedad de propietarios (nueve, aunque uno tiene más de la mitad dela representación) podrá hacer lo que considere oportuno con el emblemático inmueble, uno de los más antiguos del casco urbano carballés, y de lo poco que se conserva.
Pero la falta de respuesta, de apoyos y, sobre todo de dinero (una cosa lleva a la otra) ha empujado al presidente de la gestora, Ricardo Vilas, a convocar una junta directiva para esta misma semana, y una asamblea de socios para la siguiente. «Se non hai máis ingresos, ou non hai outra directiva que se faga cargo, isto pecha», advertía ayer. Pese a que se han llevado a cabo innumerables actividades en estos doce meses, no se ha producido un aumento de socios, que con sus cuotas podrían ayudar al mantenimiento, para el que no hay fondos. Los ejemplos son muchos, pero baste uno: los mil litros de gasóleo adquiridos para la calefacción ya están terminados, y no hay dinero para más. La ausencia de socios es tan llamativa que incluso se dio de baja alguno de la directiva anterior, otro de los aspectos que le duele especialmente. «Fáltannos cartos cada mes para poder correr con todo, e así non podemos seguir», lamenta Vilas. Ni siquiera tienen los de bajo ligado al Casino, cuya falta de abono del alquiler ha obligado a Vilas a trasladarlo al juzgado.


El Casino abre todos los días, de 10.00 a 20.30 horas. Lo usan los socios, pero también participantes en actividades como las clases de ajedrez, o la entidad Un Paso Máis. Ha habido actividades culturales y sociales, presentaciones deportivas o ligadas a causas sociales. Y así podría seguir siendo si la masa social se incrementase (son unos 180 socios en la actualidad), o si las cuotas fuesen mayores, o si llegasen más ayudas. Pagar la renta mensual es crucial para poder seguir ocupando el local, y de otro modo no se podrá. También son precisos arreglos, especialmente en el tejado.
Vilas se teme lo peor, aunque deja un resquicio a la esperanza: «A xente darase conta do seu valor o día que o tiren. Coma sempre, cando sexa tarde».


Una institución creada en 1889
El Casino de Carballo se creó en 1889. En la calle Camiño Novo, antiguo número 30, cerca de la ubicación actual, que es donde ya comienza la calle Vázquez de Parga (número 1). La entidad actual surgió el 26 de noviembre de 1924, y el traslado al actual local, el 5 de febrero de 1925. Lo hizo como continuadora de la anterior institución o como algo nuevo, pero en todo caso manteniendo el espíritu fundacional. El primer presidente fue Luciano Regueiro Pumpido. Comenzaba un trabajo que se puede perder.